Como ver amencer
Imaxinar que estamos na praia, noite pecha. Sentindo a area esbarar polos nosos dedos, ou como nos cobre mentres ficamos cara as estrelas. Dar un paseo pola beira, a auga está moi fría, pero iso non importa. Nada importa. Nada máis que estar onde estamos. Nese preciso instante. Cando as augas deixan de ser verdes, cando xa non brillan e as cores laranxas e amarelas comezan a aparecer polo horizonte. Polo lado no que nese preciso instante comeza a escurecer. E desaparecen as estrelas, e o sol brilla como nunca antes fixera. E é porque, nese preciso instante, estaríamos ti e máis eu alí. Contemplando o espectáculo máis incrible da natureza. Quedando a durmir sobre a fría area, eu observando como pechas os ollos, como o teu corpo relaxado descansa sobre a area. E fico a maneira na que os primeiros raios do sol iluminan a túa cara cheíña de sono. Ti imaxínao,por un instante,non estaría nada mal. Pero sempre é o mesmo,ti probablemente non leerás isto e eu a...