Como ver amencer

Imaxinar que estamos na praia,
noite pecha.
Sentindo a area esbarar polos nosos dedos,
ou como nos cobre mentres ficamos cara as estrelas.
Dar un paseo pola beira,
a auga está moi fría,
pero iso non importa.
Nada importa.
Nada máis que estar onde estamos.
Nese preciso instante.
Cando as augas deixan de ser verdes,
cando xa non brillan
e as cores laranxas e amarelas
comezan a aparecer polo horizonte.
Polo lado no que nese preciso instante comeza a escurecer.
E desaparecen as estrelas,
e o sol brilla como nunca antes fixera.
E é porque,
nese preciso instante,
estaríamos ti e máis eu alí.
Contemplando o espectáculo máis incrible da natureza.
Quedando a durmir sobre a fría area,
eu observando como pechas os ollos,
como o teu corpo relaxado descansa sobre a area.
E fico a maneira na que os primeiros raios do sol
iluminan a túa cara cheíña de sono.

Ti imaxínao,por un instante,non estaría nada mal. Pero sempre é o mesmo,ti probablemente non leerás isto e eu aquí,imaxinando cada detalle dun amencer de ensoño,un amencer fermoso,un amencer galego.
-Anxe Moledo
ALMAS DEL NORTE,XOEL LÓPEZ

Comentarios

Entradas populares de este blog

Era

Por preferir

Historieta